Publicacións

PREPARANDO UN DEBATE

Imaxe
 Imos dar nesta entrada anterior a vosa exposición unha serie de consellos sobre os distintos tipos de argumentos que se poden usar nun discurso persuasivo oral:  SOBRE OS TIPOS DE ARGUMENTOS Todos sabemos porque xa falamos de varios tipos de postulados ou razóns que podemos usar nun discurso.  Sabemos que un argumento pode ser un razoamento  a favor ou en contra dunha idea ou tese sobre a que se opina. Tamén temos estudado xa os argumentos lóxicos e os argumentos emocionais ou aqueles argumentos que son irrefutables porque non admiten contestación e esoutros que son siimplemente pertinentes porque teñen que ver coa idea, pero son discutibles.  Imos agora estudar outra xerarquía para reparar en distintos tipos de argumentos atendendo ao seu contido podemos atoparnos con:    ARGUMENTOS SEGUNDO O SEU CONTIDO: Argumentos de autoridade:  Usando citas e palabras dunha persoa recoñecida ou un experto. Argumentos de feito: Usando datos de investigacións ...

DOUS DISCURSOS TRAS DOS IDUS DE MARZO

Imaxe
  Discurso de Bruto: Discurso de Marco Antonio: 
Imaxe
  ACTIVIDADES: Procurar visualizar o discurso de Martin Luther King: Teño un soño para analizar a estrutura e recursos dese coñecido discurso do 28 de agosto de 1963. Busca antes en que circunstancias foi pronunciado. Analiza desde o punto de vista dun discurso persuasivo a mensaxe desta canción de Jonh Lennon.  Que destacarías desta letra:  Imaxina que non hai paraíso. É fácil se o intentas. Non hai inferno debaixo . Arriba, só o ceo. Imaxina a toda a xente Vivindo o presente. Imaxina que non hai países. Non é difícil facelo. Nada polo que matar ou morrer, e tampouco ningunha relixión. Imaxina a toda a xente Vivindo a vida en paz. Quizás digas que son un soñador Pero non son o único. Espero que algún día te unas a nós e o mundo será un só. Imaxina que non hai posesións. pregúntome se podes. Non hai necesidade de codicia nin fame. Unha irmandade humana. Imaxina a toda a xente Compartindo todo o mundo.  ACTIVIDADES PARA A PRÓXIMA CLASE:  Imos analizar este discur...

ANTES DE SEGUIR CARA UN DEBATE: Son todas as opinions respectables?

Imaxe
  Escollamos varios temas posibles para un novo debate na aula. Pero antes... Sabedes quen eran os sofistas?    Mestres de retórica na Atenas de Sócrates  que ensinaban, a cambio de diñeiro, as habilidades de falar ben, a oratoria para triunfar en política. Non lles importaba a verdade, eles defendían que as verdades eran relativas non había verdade absoluta...  Polo que podían empregar argumentos falsos que parecían verdadeiros con frecuencia, estes argumentos engañosos son os chamados sofismas .   O noso obxectivo é ser un sofista e usar sofismas?  SON TODAS AS OPINIÓNS  RESPECTABLES?  Cómpre antes de seguir valorando os procesos de melorar os nosos recursos oratorios algo vital.  Na análise non só quedarse  coas formas, ás que ata o de agora viñamos poñendo no centro e  cunha total atención.  Debemos reflexionar sobre os contidos, sobre as opinións, sobre a importancia de ter opinión.  Ser persoas implica ter perso...

SALVAR A HIPATIA OU A SÓCRATES

Imaxe
SÓCRATES A DEBATE PROXECTO de DEBATE SALVAR A SÓCRATES Vs SALVAR A HIPATIA A MORTE DE SÓCRATES

AGORA

Imaxe
  A visión dun debate do século IV: AGORA DEBATE ABERTO SOBRE A PELÍCULA  Temas que trata, polémicas sobre as que se creou este filme.  Ágora  (2009), de Alejandro Amenábar, narra a historia de Hipatia de Alexandría, unha filósofa, astrónoma e matemática pagá nunha época de grandes conflitos relixiosos no Exipto romano (século IV d.C.), que loita pola razón e o coñecemento mentres o poder dos cristiáns crecentes ameaza o saber antigo e a ela mesma, representada na película a través da súa relación co seu escravo Davo e o conflito entre pagáns e cristiáns, culminando na súa tráxica morte a mans dunha turba de fanáticos relixiosos.   ALIMENTANDO A CONCIENCIA CRÍTICA Esta película non está pensaba para que te cuestiones se hai que ser ou non unha persoa cristiá ou atea, logo 1º Que debate ou reflexións che provoca esta película?  Procura tres argumentos para asentar a túa resposta.  Para saber máis de Hipatia