PREPARANDO UN DEBATE

 Imos dar nesta entrada anterior a vosa exposición unha serie de consellos sobre os distintos tipos de argumentos que se poden usar nun discurso persuasivo oral:

 SOBRE OS TIPOS DE ARGUMENTOS

Todos sabemos porque xa falamos de varios tipos de postulados ou razóns que podemos usar nun discurso.  Sabemos que un argumento pode ser un razoamento  a favor ou en contra dunha idea ou tese sobre a que se opina. Tamén temos estudado xa os argumentos lóxicos e os argumentos emocionais ou aqueles argumentos que son irrefutables porque non admiten contestación e esoutros que son siimplemente pertinentes porque teñen que ver coa idea, pero son discutibles.  Imos agora estudar outra xerarquía para reparar en distintos tipos de argumentos atendendo ao seu contido podemos atoparnos con:   

ARGUMENTOS SEGUNDO O SEU CONTIDO:

Argumentos de autoridade:  Usando citas e palabras dunha persoa recoñecida ou un experto.

Argumentos de feito: Usando datos de investigacións ou estudos. 

Argumentos de tradición: Usando ideas relacionadas con costumes ou tradicións

Argumentos de moralidade: Tomados de valores éticos universais. 

Argumentos de probabilidade: Usando datos probables.

Argumentos de experiencias persoais: Tomados das vivencias propias ou de persoas próximas.

Argumentos estéticos: Usando razóns de carácter estilísticas de beleza orde, harmonía.

No seguinte vídeo explican estes mesmos enunciados con exemplos:







Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNIDADE 1/ UN DISCURSO PERSUASIVO PARA ANALIZAR

UN DEBATE SOBRE ASPASIA

UNIDADE I/ COMO CREAR UN BO DISCURSO