NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0 - Curso 2026/27)
Comezamos este curso falando de dous conceptos imprescindibles para a humanidade e asociados a materia de Oratoria . Conflito vs empatía Non hai debate real entre as persoas sen saber do conflito consubstancial ao ser humano e tampouco sen transitar nese camiño, e á vez reparar, na empatía. O coñecemento e combinación de ambos conceptos permitiránnos progresar como sociedade fuxindo do odio e da barbarie. 1- Como definimos a empatía ? Unha reflexión sobre a importancia da empatía Quen era Hannah Arendt (1906-1975)? Arendt era unha filósofa que defendía un concepto de « pluralismo » no ámbito político: grazas ao pluralismo, xeraríase o potencial dunha libertade e igualdade políticas entre as persoas. Para o cal é importante a perspectiva da inclusión do outro: nos acordos políticos, convenios e leis deben traballar a niveis prácticos persoas adecuadas e dispostas. Como froito destes pensamentos, Arendt situábase de forma crítica fronte á democracia repres...
Comentarios
Publicar un comentario