TIPOS DE DISCURSOS PERSUASIVOS
Hoxe toca analizarmos os distintos tipos de discursos persuasivos que existen. Unha posible clasificación sería: 1- Discurso ou speach. 2- O artigo de opinión. 3- A publicidade 4- A propaganda 1- O DISCURSO ou SPEACH Son conferencias, charlas de vendas, arengas políticas, discursos de homenaxe... que dirixido a un público teñen un fin persuasivo. Non teñen unha estrutura fixa responde logo á capacidade do orador e ás circunstancias nas que se dá a disertación, sen esquecer as características dos receptores. Neste tipo de discursos as estratexias emotivas que apelan aos sentimentos son esenciais aínda que se empregarán tamén argumentos lóxicos. Existen varios subtipos dos que xa falamos: Discursos laudatorios, xudiciais ou deliberativos. Vexamos un par de exemplos de temas diversos: a) Texto persuasivo: Non seredes das persoas que pensan que algúns idiomas son máis difíciles ca outros? Lembrade que en realidade todos nacemos coa capacidade de aprender cal...