O PODER DA ELIPSE NUN DISCURSO COA NARRATIO DILATADA

  


Alguén dixo unha vez: O único no que todos somos iguais é que todos somos diferentes.

O tema do que vos quero falar é algo que todos levamos enriba. Como recoñecemos os do noso equipo de fútbol ou os da nosa peña ou a nosa tribo urbana?

A polémica polo o uso de determinadas prendas é máis vello que  o debate sobre a piña na pizzaou a cebola na tortilla.

O primeiro argumento a favor (deste vestuario especial) é que reduce  as diferenzas económicas e reduce  o rsco do bullyng por este motivo.

Crea un sentimento de pertenza a un grupo favorecendo a unidade fronte os alumnos doutros colexios nas saídas educativas permitindo  que os profesores teñan identificados os membros do seu "ranaño" ereduce o risco de fuga.

Economicamente evítalle aos pais ter que mercar roupa,  casual e psicoloxicamente diferencia o tempo de ocio do tempo  de estudo. Tamén evita o problema de: "Que me poño hoxe para ir ao colexio?" O que aforra tempo, discusións e desgaste de espello. (ironía)

Se eu estivese agora cunha camiseta chamativa, prestariades máis atención ao debuxo da prenda que ao que eu digo. É dicir,  provoca menos distracción e unha maior concentración. (antítese e hipérbole)

Como conclusión direi que o uniforme  crea unha unidade  na diersidade, é signo externo derespecto polas normas, é dicir,  reforza o feio de que todos temos os mesmos dereito, os mesmo valorese un obxectivo: construír un mundo mellor cada un coas súas capacidades.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNIDADE 1/ UN DISCURSO PERSUASIVO PARA ANALIZAR

UN DEBATE SOBRE ASPASIA

UNIDADE I/ COMO CREAR UN BO DISCURSO