Publicacións

APRENDER A DEBATER....

Imaxe
 SABERÍAS DINTINGUIR                OS TRES XÉNEROS ORATORIOS?   ACTIVIDADES: Despois de ver os vídeos: 1- A que tipo de xénero oratorio cres que pertencen estes tres exemplos vistos nos audiovisuais? Deliberativo: Discursos políticos. Laudatorio: Discursos para honrar a unha persoa, país, etc... Xudicial: Discursos ante un tribunal para xulgar unha causa  APRENDER A DEBATER : Inventio (tema), dispositio (estrutura), elocutio (estilo), memoria (interiorización) e actio (posta en marcha). ARGUMENTAR   ARGUMENTAR VS PERSUADIR :  Cousas distintas. Tipos de argumentos e a estrutura (ou dispositio) da argumentación.  DISTINGAMOS:  FEITOS, AFIRMACIÓNS E OPINIÓNS                   Feitos: Que Pericles deixase a súa esposa e pasase a vivir con Aspasia é algo obxectivo, real, admisible por todo o mundo, mesmo o feito de que teñen un fillo xuntos.      ...

PREPAREMOS UN DEBATE

Imaxe
  UN DEBATE SOBRE ASPASIA  (Exercitado o pensamento crítico)

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0 - Curso 2026/27)

Imaxe
Comezamos este curso falando de dous conceptos imprescindibles para a humanidade e asociados a materia de Oratoria .    Conflito vs empatía Non hai debate real entre as persoas sen saber do conflito consubstancial ao ser humano e tampouco sen transitar nese camiño, e á vez reparar, na empatía.  O coñecemento e combinación de ambos conceptos permitiránnos   progresar como sociedade fuxindo do odio e da barbarie. 1- Como definimos a empatía ? Unha reflexión sobre a importancia da empatía Quen era Hannah Arendt (1906-1975)?  Arendt era unha filósofa que defendía un concepto de « pluralismo » no ámbito político: grazas ao pluralismo, xeraríase o potencial dunha libertade e igualdade políticas entre as persoas. Para o cal é importante a perspectiva da inclusión do outro: nos acordos políticos, convenios e leis deben traballar a niveis prácticos persoas adecuadas e dispostas. Como froito destes pensamentos, Arendt situábase de forma crítica fronte á democracia repres...

Partes dun debate a partir dun debate

 DEBATE AS PARTES DUN DEBATE  AS TRES M: Contido, método e estilo AS CATRO C: Pensamento crítico, comunicación, colaboración e creatividade. Escollemos os dous primeiros debates da 3ª avaliación: 1º debate a preparar: Tauromaquia versus tortura animal? Configuramos un equipo A (5 persoas mínimo) , un Equipo B (5 persoas mínimo)   e un Xurado para o debate (o alumnado restante). 2º Debate a preparar: Pena de morte NON (5 persoas mínimo)/ Pena de morte SI (5 persoas mínimo).  e un Xurado para o debate (o alumnado restante).

PREPARANDO UN DEBATE

Imaxe
 Imos dar nesta entrada anterior a vosa exposición unha serie de consellos sobre os distintos tipos de argumentos que se poden usar nun discurso persuasivo oral:  SOBRE OS TIPOS DE ARGUMENTOS Todos sabemos que existen varios tipos de postulados ou razóns que podemos usar nun discurso.  Sabemos que un argumento pode ser un razoamento a favor ou en contra dunha idea ou tese sobre a que se opina. Tamén temos estudado xa os argumentos lóxicos e os argumentos emocionais ou aqueles argumentos que son irrefutables porque non admiten contestación e esoutros que son simplemente pertinentes porque teñen que ver coa idea, pero son discutibles.  Imos agora estudar outra xerarquía para reparar en distintos tipos de argumentos atendendo ao seu contido podemos atoparnos con:    ARGUMENTOS SEGUNDO O SEU CONTIDO: Argumentos de autoridade:  Usando citas e palabras dunha persoa recoñecida ou un experto. Exemplo: "Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o ...

DOUS DISCURSOS TRAS DOS IDUS DE MARZO

Imaxe
  Discurso de Bruto: Discurso de Marco Antonio: