Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

Partes dun debate a partir dun debate

 DEBATE AS PARTES DUN DEBATE 

PREPARANDO UN DEBATE

Imaxe
 Imos dar nesta entrada anterior a vosa exposición unha serie de consellos sobre os distintos tipos de argumentos que se poden usar nun discurso persuasivo oral:  SOBRE OS TIPOS DE ARGUMENTOS Todos sabemos porque xa falamos de varios tipos de postulados ou razóns que podemos usar nun discurso.  Sabemos que un argumento pode ser un razoamento  a favor ou en contra dunha idea ou tese sobre a que se opina. Tamén temos estudado xa os argumentos lóxicos e os argumentos emocionais ou aqueles argumentos que son irrefutables porque non admiten contestación e esoutros que son siimplemente pertinentes porque teñen que ver coa idea, pero son discutibles.  Imos agora estudar outra xerarquía para reparar en distintos tipos de argumentos atendendo ao seu contido podemos atoparnos con:    ARGUMENTOS SEGUNDO O SEU CONTIDO: Argumentos de autoridade:  Usando citas e palabras dunha persoa recoñecida ou un experto. Argumentos de feito: Usando datos de investigacións ...

DOUS DISCURSOS TRAS DOS IDUS DE MARZO

Imaxe
  Discurso de Bruto: Discurso de Marco Antonio: 
Imaxe
  ACTIVIDADES: Procurar visualizar o discurso de Martin Luther King: Teño un soño para analizar a estrutura e recursos dese coñecido discurso do 28 de agosto de 1963. Busca antes en que circunstancias foi pronunciado. Analiza desde o punto de vista dun discurso persuasivo a mensaxe desta canción de Jonh Lennon.  Que destacarías desta letra:  Imaxina que non hai paraíso. É fácil se o intentas. Non hai inferno debaixo . Arriba, só o ceo. Imaxina a toda a xente Vivindo o presente. Imaxina que non hai países. Non é difícil facelo. Nada polo que matar ou morrer, e tampouco ningunha relixión. Imaxina a toda a xente Vivindo a vida en paz. Quizás digas que son un soñador Pero non son o único. Espero que algún día te unas a nós e o mundo será un só. Imaxina que non hai posesións. pregúntome se podes. Non hai necesidade de codicia nin fame. Unha irmandade humana. Imaxina a toda a xente Compartindo todo o mundo.  ACTIVIDADES PARA A PRÓXIMA CLASE:  Imos analizar este discur...