APRENDER A DEBATER....
APRENDER A DEBATER: Inventio (tema), dispositio (estrutura), elocutio (estilo), memoria (interiorización) e actio (posta en marcha).
ARGUMENTAR VS PERSUADIR: Cousas distintas. Tipos de argumentos e a estrutura (ou dispositio) da argumentación.
DISTINGAMOS: FEITOS, AFIRMACIÓNS E OPINIÓNS
Feitos: Que Pericles deixase a súa esposa e pasase a vivir con Aspasia é algo obxectivo, real, admisible por todo o mundo, mesmo o feito de que teñen un fillo xuntos.
Afirmacións: Son obxectivas poden demostrarse, poden considerarse ou apoiarse en feitos, que son as probas que determinan a diferenza entre feito e opinión:
A existencia dun fillo en común, ademais de ser un feito demostra a afirmación de que Aspasia e Perices tiveron unha relación, estamos falando de feitos.
Opinións: Son subxectivas e non demostrables. Que na relación de Pericles e Aspasia se bicasen en público (feito) para algúns sería unha inmoralidade, algo negativo (opinable) ou para outros unha simple sincera manifestación de amor. Son opinións diferentes, entra en xogo unha valoración subxectiva, non todas as persoas terán as mesmas opinións e estas non serán demostrables.
• Por outro lado é preciso: Ser capaz de encontrar evidencias que apoien e demostren feitos e afirmacións, porque son cousas certas e que non deixan lugar a dúbidas.
Procura na resposta unha evidencia:
Por que un tirano (xefe de goberno con poder) ordena queimar os libros?
Porque ...

Comentarios
Publicar un comentario