NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0 - Curso 2026/27)



Comezamos este curso falando de dous conceptos imprescindibles para a humanidade e asociados a materia de Oratoria.  


Conflito vs empatía

Non hai debate real entre as persoas sen saber do conflito consubstancial ao ser humano e tampouco sen transitar nese camiño, e á vez reparar, na empatía.  O coñecemento e combinación de ambos conceptos permitiránnos progresar como sociedade fuxindo do odio e da barbarie.


1- Como definimos a empatía?

Unha reflexión sobre a importancia da empatía


Quen era Hannah Arendt (1906-1975)? 

Arendt era unha filósofa que defendía un concepto de «pluralismo» no ámbito político: grazas ao pluralismo, xeraríase o potencial dunha libertade e igualdade políticas entre as persoas. Para o cal é importante a perspectiva da inclusión do outro: nos acordos políticos, convenios e leis deben traballar a niveis prácticos persoas adecuadas e dispostas. Como froito destes pensamentos, Arendt situábase de forma crítica fronte á democracia representativa e prefería un sistema de consellos ou formas de democracia directa.

*Pluralismo: As distintas ideas ou formas de pensar que se expresan en sociedade, asociadas aos debates políticos.  A teoría que recoñece, acepta e fomenta a coexistencia dunha variedade de doutrinas, opinións, posicións políticas, culturas ou relixións dentro dunha mesma sociedade. 


2- Terá algo que ver a empatía co pluralismo e a democracia? Que opinas?

3- Investiga a diferenza entre: 

 *democracia representativa / democracia directa


4- Como explicar que o conflito é consusbtancial ao ser humano?  Todas as sociedades presentan problemas e atrancos ás que hai que dar saída e ante os que cabe que haxa distintas posibilidades e diferentes fórmulas de superar os primeiros e atopar solucións.

 O conflito nace das distintas opinións que ten xente á hora de resolver calquera problemática común. Non todos pensamos o mesmo, logo sempre haberá discusións e para vivir en sociedade precisamos poñernos de acordo inevitablemente. De aí a importancia dos debates e a necesidade de dialogar con empatía para atopar eses puntos de encontro que nos permitan progresar.


E aquí é onde entra en xogo a materia da Oratoria, da que imos falar e coa que imos intimar neste curso:   

 5- Que é iso da Oratoria?

Cando dis de alguén:  Que ben fala!,  seguramente queres dicir que cando se expresa esa persoa faino con claridade, beleza e convicción, ademais de con elocuencia, porque co seu discurso é capaz de emocionarte e mesmo de convercer.  Logo esa persoa que se expresa ben e convence posiblemente domine a retórica e a oratoria.


 UNHA PRIMEIRA DEFINICIÓN DE ORATORIA

Popularmente sería: Falar ben ante un público e con intención. Unha definicion máis acorde aos dicionarios seria:

ORATORIA: É a arte de falar e escribir con elocuencia, o que vén sendo, comunicarse de xeito agradable, conmovendo e persuadindo. 

A Oratoria non se improvisa, precisa de técnicas e dunha serie de recursos e normas para a súa prática, é dicir, baséase na Retórica.

RETÓRICA: Son as regras, técnicas e recursos que nos permiten dominar a Oratoria, chegar a ser elocuentes.


A Dialéctica é a Oratoria, a arte de debater)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

UN DEBATE SOBRE ASPASIA