Aprender a debater
Pensamento Crítico: Obxectivos da actividade
• 1. Aprender a debater, seguir uns cinco pasos (inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio)
• 2.Distinguir entre feitos, afirmacións e opinións.
Feitos: Que Pericles deixase a súa esposa e pasase a vivir con Aspasia. Algo obxectivo, real, admisible por todo o mundo.
Afirmacións: Que son as probas que determinan a diferenza entre feito e opinión: A existencia dun fillo en común, ademais de sr un feito demostra que estamos falando de feitos.
Opinións: Que na relación de Pericles e Aspasia se bicasen en público para algúns sería unha inmoralidade, algo negativo ou para outros unha simple demostración sincera de amor. Son opinións diferentes entra en xogo unha valoración subxectiva, non todas as persoas terán as mesmas opinións.
• 3. Ser capaz de encontrar evidencias que apoien e demostren feitos e afirmacións:
evidencia: Que de Aspasia non existan textos pode demostrar que ela non foi unha mestra de retórica. Que a raíz do xuízo no teatro de Atenas aparezan mulleres reivindicando os seus dereitos pode demostrar que os seus discursos e debates tiveron eco entre a cidadanía ateniense.
• 4. Coñecer os principios da Teoría da Argumentación e como se constrúe unha argumentación.
• 5. Diferenciar entre demostración, argumentación e descrición, sabendo utilizar en cada caso a ferramenta oportuna.
• 6. Identificar ideas e argumentos falaces nun discurso, así como aprender a desmontalos.
• 7. Adquirir habilidades para a investigación tales como a análise dunha cuestión desde diferentes perspectivas ou o saber preguntarse.
Calendario do debate e regras do proxecto
• INVENTIO: As fichas de traballo:
Investigación e información.
Debemos ir elaborando fichas cos temas e ideas básicas do debate cantos máis datos teñamos de cada tema mellor. Todo o mundo debe ter na libreta as cinco fichas completas nesta semana:
- A dialéctica e a Filosofía.
- A democracia na Atenas do século V a. C.
- As mulleres en Atenas e na antiga Grecia.
- Que sabemos de Aspasia: Hetera ou mestra de retórica e filosofía?
- Que sabemos de Pericles? Xefe político, orador e amante.
• DISPOSITIO: Preparamos as argumentacións.
Como a tese xa está enunciada, temos que procurar elaborar argumentos a favor desa tese como mínimo cada un dos 5 apartados nos que indagamos.
Acto seguido debemos enunciar unha antítese e elaborar os argumentos coas que defendela como mínimo nos 5 apartados nos que estivemos informándonos.
Decantámonos por unha antítese principal aínda que existan varias antíteses válidas que incluamos no debate posterior.
ELOCUTIO: COMO ARGUMENTAR?
Argumentación: Defensa razoada dunha idea coa intención de convencer. Predomina a intención persuasiva sobre a informativa.
Estrutura da argumentación:
- Introdución: Presenta o tema e formúlase a tese.
- Corpo: Parte central máis extensa na que se expoñen argumentos que apoian a tese.
- Conclusión: Resumo dos argumentos para confirmar a posición defendida.(Evidencia)
Os argumentos: Deben ser claros e verosímiles e estar relacionados co tema.
TIPOS DE ARGUMENTOS:
-De autoridade: baseados na opinión dunha persoa de recoñecido prestixio.
-De analoxía: fundamentado na comparación de dúas situacións semellantes.
-De datos: achegar información científica, histórica ou estatística.
-De exemplificación: usando exemplos concretos que apoian a tese.
-Experiencias persoais: utilizando situacións vividas por un mesmo.
- Análise e eliminación doutras opcións referencia a pros e contras doutras opinións ou ideas.
• ACTIO : Realizamos o debate.
RECOMENDACIÓNS PARA OS GRUPOS DE DEBATE
Preparando a estratexia de debate:
• 1. Identificar os elementos dunha estratexia de debate, así como coñecer a súa natureza e función: a base argumental; as liñas argumentais e a idea forza.
• 2. Ser capaz de deseñar en grupo estratexias de debate que despois serán postas en práctica a partir desa idea forza argumento central.
• 3. Utilizar as evidencias como ferramenta para demostrar e reforzar argumentos propios, así como para refutar ideas contrarias.
• 4. Aprender e adquirir a capacidade de refutar ideas contrarias
• 5. Adquirir a capacidade de elaborar quendas completas para a exposición nun debate (introdución, refutación e conclusión)
Normas do debate:
Dividiremos aleatoriamente a aula en grupos para entrar a debater.
• Poderá tocarnos defender a tése ou pola contra a antítese.
• Usaremos a estrutura dos 5 apartados de investigación como base inicial do debate e iremos facendo as intervencións gardando as quendas, tempos e criterios establecidos previamente)
• No caso de aparecer novas argumentacións incorporarémolas no debate despois de abordar as 5 predeterminadas.
• Grupos de debate: Intervirán todos os que teñan preparado o debate (que teñan os seus argumentos) e farán dúas intervencións de aproximadamente 5 minutos: a inicial e a réplica (tras escoitar a inicial do equipo contrario).
LEMBRADE:
- Estratexia de debate a partir dos cinco argumentos base.
- Manter unha idea forza entre os argumentos.
- Escóllese a orde de intervención.
- Preparar unha réplica para cada punto do grupo contrario procurando en desenmascarar a “falacia” ou “incoherencia” que agochan os seus argumentos e contrargumentar con contundencia tentando pechar o debate.
• MEMORIA: Redactamos as nosas sínteses.
Temos que redactar por escrito (lembrade en galego) a nosa propia síntese tras do debate que logo debemos entregar.
Na síntese deberemos facer uso dos nosos argumentos, pero podemos incorporar calquera outra argumentación a favor e encontra que fixeran os nosos compañeiros coa idea de reforzar a nosa propia conclusión.
XA ESTAMOS PREPARADAS/OS?
Cada quen ten que ter todos estes pasos cubertos na súa libreta e con corrección para opter a cualificación positiva neste proxecto.
En caso contrario deberá repetilo (total ou parcialmente).
A tese preestablecida
Como ben sabedes a tese deste Proxecto establecémola (fíxoo o profesor) antes de comezar a informarnos. Non sempre ten por que estar preestablecida, pode ser froito dunha investigación previa ao debate.
A idea é enriquecermos o pensamento crítico neste caso sobre o rol masculino e feminino ao longo da historia.
* Tese: A aparicion de Aspasia supón un escándalo porque era unha hetaira que arrastra a Pericles a unha actitude escandalosa.
* Antítese: Aspasia en realidade era escandalosa, porque era unha mestra de oratoria algo inaudito para calquera muller ateniense postura que mesmo Pericles defendería en público.
* Síntese: As relacións de Pericles con Aspasia poden facernos pensar en que ela era unha hetaira, pero fundamentalmente foi unha mestra de oratoria como demostra o feito que haxa persoas que a denominen así e ademais o debate sobre a condición feminina que se crea a partir da súa presenza pública na Atenas do século V a. C.
• A hipótese que perseguiamos, lembrade: Houbo un movemento a prol da emancipación feminina na Atenas democrática do século V a. C.?




Comentarios
Publicar un comentario