Converter unha noticia nun discurso persuasivo
| Trump propón expulsar a España da OTAN polas discrepancias nos gastos en defensa. |
É posible expulsar a España da OTAN como propón Trump? Isto é o que ten que suceder.
A suxerencia do presidente estadounidense fixo saltar todas as alarmas a nivel nacional.
Vívense tempos convulsos no panorama xeopolítico. Os posicionamentos estratéxicos nos conflitos vixentes ao redor do globo implican consecuencias en canto ás relacións internacionais. Que un goberno tome decisións a escala internacional supón ter que asumir unha responsabilidade que pode afectar ao devir da política local e as súas alianzas estratéxicas con outras nacións. Este é o caso actual de España, que empeza a recoller o fruito das súas decisións en materia de defensa. Que Donald Trump mencionase a posibilidade de expulsar a España da Organización do Tratado do Atlántico Norte por só destinar un 5% do seu PIB en defensa é un aviso da fraxilidade das alianzas neste contexto de absoluta delicadeza xeopolítica. Este toque de atención chega, ademais, nun momento complicado para o Goberno, implicado de cheo na aprobación dos orzamentos xerais do Estado para 2026.
A dúbida que xorde agora é: É posible expulsar a España da OTAN? Cales son os requisitos para que isto suceda? O poder dos Estados Unidos é innegable, pero estas son todas as fases que se teñen que dar para que a expulsión se leve a cabo.
As claves para a eliminación segundo os estatutos da propia organización, o único procedemento para que un país abandone a alianza é a retirada voluntaria, tal e como se recolle no artículo 13. Unha vez tomada a decisión por parte do país adscrito, este debe notificar ao gobierno dos Estados Unidos, o cual comunicará a petición ao resto de países da alianza.
Tras este procedemento, debe transcurrir un período dun ano para que a decisión poida facerse efectiva. Sen embargo, nos 76 años de vida da OTAN, non se chegou a dar esta situación.
É por elo que non existe a posibilidade de expulsar a ningún país membro e, polo tanto, a adhesión de España na alianza atlántica non corre perigo. Tampouco existe ningunha ferramenta coercitiva para forzar a saída, polo que as palabras de Donald Trump son, simplemente, palabras.
ACTIVIDADES:
0- Que características do discurso persuasivo recoñeces nesta noticia xornalística.
1- Que características lle engadirías para convertelo plenamente nun discurso persuasivo?
2- REALIZA O TEU DISCURSO PERSUASIVO:
Escribe un discurso persuasivo seguindo o esquema estudado:
EXORDIUM: Unha introdución onde é imprescindible gañarse a simpatía da audiencia.
NARRATIO: Unha exposición concisa e breve dos feitos, ben seleccionados e dispostos con orde e claridade.
ARGUMENTATIO: Expoñer as razóns que favorecen o que defende o orador (autor do discurso) e que serven para refutar as ideas contrarias. 3 argumentos claros.
PERORATIO: Conclusión do discurso. 4 palabras claves, coa posiblidade de enlazar co exordio. Reunindo brevemente os argumentos e dirixímonos de forma emotiva e retórica para persuadir a audiencia.
Comentarios
Publicar un comentario