SABER MÁIS SOBRE O DICURSO PERSUASIVO

Saber máis sobre os discursos persuasivos


CARACTERÍSTICAS DO DISCURSO PERSUASIVO

Ademais das partes e a preparación deste tipo de discursos que xa estudamos, agora iremos afondando noutros detalles esenciais para mellorar a nosa capacidade oratoria. 


I- Trazos lingüísticos do discurso persuasivo:

Imos analizar os trazos que nos permitan ir mellorando a elaboración de discursos persuasivos:

a) No nivel morfosintáctico atoparémonos cunha serie de verbos que expresan causas e consecuencias asociados á argumentación: xerar, orixinar, producir... relacionables con outros do tipo  resultar, concluír, supoñer, inferir... E tamén se usan os verbos dicendi:  afirmar, declarar, asegurar, opinar... Non pode faltar o uso da primeira persoa (plural) con valor apelativo para incluír ao receptor no relato (debemos pensar, ...podemos... , queremos... realicemos...). E frecuente o uso de elementos que inciden no ritmo, figuras retóricas de repetición (por exemplo anáforas ou paralelismos).

b) A sintaxe é elaborada. Botaremos man de subordinadas para expresar a conexión entre ideas (non diriamos isto se non fose posible que tal outra cousa o fose tamén. Afirmamos o primeiro para refutar calquera díbida e porque somos coñecedores de que ....

c) Predominarán enunciados asertivos, é dicir, que expresan certeza. Está demostrado que... xa se sabe que...   

d) Uso de todo tipo de recursos literarios. Son un elemento moi común as denominadas interrogacións retóricas tanto para captar ou manter a atención como para suxerir ou asentar unha afirmación. Quen mellor ca ti para responder a isto? e outras figuras retóricas que podemos ir probando a introducilas tanto as de tipo semántico, como as que fan referencia ao ritmo e a forma que xa citamos anteriormente:

- antítese ou presentación de ideas ou supostos contrarios 

- apóstrofe: interromper o discurso para apelar ao destinatario.

- hipérbole ou esaxeracion.

- símil ou comparación

d) No léxico como os discuros persuasivos precisan dunha elaboración detallada e meticulosa é habitual atopar tecnicismos ou campos semánticos específicos sobre o tema o asunto que se trata que será máis específico canto máis especializado sexa o tema a tratar.   


ACTIVIDADE

 Le este texto persuasivo e sinala os trazos lingüísticos que o caracterízan:

" De feito, estamos convencidos de que a tecnoloxía é un amigo fiel. Hai dúas razóns para que sexa así:

En primeiro lugar, a tecnoloxía é un amigo, fai que a vida sexa máis fácil, máis limpa e máis longa... Quen pode pedirlle algo máis a un amigo?_  e, en segundo lugar, a tecnoloxía non supón unha análise minuciosa das súas propias consecuencias.  

É  o tipo de amigo que nos pide confianza e obediencia, esixencias, que a maioría da xente se inclina a conceder porque os seus agasallos son verdadeiramente xenerosos. Pero, por suposto, tamén presenta un lado escuro; os seus agasallos non deixan de ter un prezo moi alto. 

Abordando os aspectos máis dramáticos, pódese formular a acusación de que o medre sen control da tecnoloxía destrúe as fontes esenciais da nosa humanidade, crea unha cultura sen fundamentación moral e socava algúns dos procesos e das relacións sociais que fan que unha vida humana mereza ser vivida.

 En definitiva a tecnoloxía é tanto un amigo como un inimigo. "

Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNIDADE 1/ UN DISCURSO PERSUASIVO PARA ANALIZAR

UN DEBATE SOBRE ASPASIA

UNIDADE I/ COMO CREAR UN BO DISCURSO