Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Converter unha noticia nun discurso persuasivo

Imaxe
Trump propón expulsar a España da OTAN polas discrepancias nos gastos en defensa. É posible expulsar a España da OTAN como propón Trump? Isto é o que ten que suceder. A suxerencia do presidente estadounidense fixo saltar todas as alarmas a nivel nacional. Vívense tempos convulsos no panorama xeopolítico. Os posicionamentos estratéxicos nos conflitos vixentes ao redor do globo implican consecuencias en canto ás relacións internacionais. Que un goberno tome decisións a escala internacional supón ter que asumir unha responsabilidade que pode afectar ao devir da política local e as súas alianzas estratéxicas con outras nacións. Este é o caso actual de España, que empeza a recoller o fruito das súas decisións en materia de defensa. Que Donald Trump mencionase a posibilidade de expulsar a España da Organización do Tratado do Atlántico Norte por só destinar un 5% do seu PIB en defensa é un aviso da fraxilidade das alianzas neste contexto de absoluta delicadeza xeopolítica. Este toque de atenc...

SABER MÁIS SOBRE O DICURSO PERSUASIVO

Imaxe
Saber máis sobre os discursos persuasivos CARACTERÍSTICAS DO DISCURSO PERSUASIVO Ademais das partes e a preparación deste tipo de discursos que xa estudamos, agora iremos afondando noutros detalles esenciais para mellorar a nosa capacidade oratoria.   I- Trazos lingüísticos do discurso persuasivo: Imos analizar os trazos que nos permitan ir mellorando a elaboración de discursos persuasivos: a) No nivel morfosintáctico atoparémonos cunha serie de verbos que expresan causas e consecuencias asociados á argumentación: xerar, orixinar, producir... relacionables con outros do tipo  resultar, concluír, supoñer, inferir... E tamén se usan os verbos dicendi :  afirmar, declarar, asegurar, opinar... Non pode faltar o uso da primeira persoa (plural) con valor apelativo para incluír ao receptor no relato (debemos pensar, ...podemos... , queremos... realicemos...). E frecuente o uso de elementos que inciden no ritmo, figuras retóricas de repetición (por exemplo anáforas ou paralelis...

UNIDADE 1/ UN DISCURSO PERSUASIVO PARA ANALIZAR

Imaxe
Un discurso persuasivo para analizar: TODO VALE? EXORDIO:     TODO VALE? (captatio benevolentiae)  Quen é o que pensa que todo vale? (anáfora) Os seres humanos usamos a razón ou temos un balón por cabeza?  (interrogación retórica) NARRATIO : O mundial de fútbol de Qatar é un insulto á intelixencia (metáfora hiperbólica) . Hai numerosas e contrastadas razóns que o confirman. Deixarse levar polos intereses dos máis ricos, poderosos e sen escrúpulos, non é un exercicio de equilibrio racional nin unha actuación intelixente, por máis que nos guste o deporte e o fútbol.  ARGUMENTATIO: De todos é sabido que o fútbol, un determinado fútbol, - ti e ti, e mais ti, o sabedes (apóstrofe) - , é máis un negocio que un deporte (comparación) . É un lobo con pel de cordeiro (paradoxo) , pero un lobo en definitiva.  E se ben o lobo é un animal e non podemos xulgar como algo impropio del a súa impiedade, o seu carácter salvaxe e sanguinario (epítetos) , no ser humano ambos ...

UNIDADE I/ COMO CREAR UN BO DISCURSO

Imaxe
  Independentemente de que queramos realizar un discurso argumentativo ou queramos realizar un discurso persuasivo, existe un proceso de creaccion do discurso que debemos coñecer.  Un bo discurso non se pode improvisar. Tampouco podemos realizar un discurso perfecto sen analizar e coñecer algo sobre a oratoria. Para evitar que sexan caóticos ou incompletos os nosos discursos iremos aprendendo a estruturar e preparalos pouco a pouco. Hoxe imos fixarnos en algo do que non podemos prescindir como primeiro paso no proceso de creación dun bo discurso persuasivo:  INVENTIO: Consiste en elixir as ideas que se empregarán para elaborar o discurso. Que debo dicir para convencer? DISPOSITIO: Consiste en ordenar as ideas de xeito que os argumentos que usemos resulten máis claros e impactantes. Pode haber diferentes estruturas. Como organizo o que vou dicir para ser máis persuasivo? ELOCUTIO: Consiste en expresarse con corrección e claridade, procurando que a beleza  (usando recu...

UNIDADE I/ COUSAS DISTINTAS: ARGUMENTAR E PERSUADIR

Imaxe
Ao desenvolver o Proxecto Aspasia fomos vendo algunhas das claves da argumentación para saber como era un texto argumentativo, imos ver agora as semellanzas e diferenzas que ten co texto persuasivo.  Se a filosofía persegue a verdade, a retórica ten como obxectivo a persuasión. O texto argumentativo e o texto persuasivo. A argumentación e a persuasión  adoitan confundirse porque son conceptos próximos e relacionados. A estrutura que ambos seguen normalmente tamén é coincidinte:  a) Enunciase un argumento.   b) Explícase ou desenvólvese con razoamentos de apoio ao argumento que se defende. c) Finalmente asentámolo con evidencias nunha conclusión.  Imos coas similitudes: Os textos argumentativos e os persuasivos son semellantes na súa forma ou estrutura ambos defenden unha tese (unha idea central ou opinión) mediante argumentos.  As diferenzas: A súa intención é diferente. Se o que queremos é xustificar a nosa tese con razóns convincentes, explicando por...